viernes, 12 de agosto de 2005

Homenaje a Moncho Reboiras

Se celebra en el cementerio de Dodro (La Coruña) un acto homenaje en recuerdo de José Ramón Reboiras, militante de UPG muerto por disparos de la policía española en Ferrol en 1975.
El FPG recordaba así su figura y animaba a acudir al homenaje:

Xosé Ramón Reboiras Noia tiña 25 anos cando foi morto a tiros, en desigual combate coas forzas da Policía Armada de Franco, o 12 de agosto de 1975.
Pepe Reboiras nacera en Imo, no concello de Dodro. Trasladado cos seus pais a Vigo, pasou a súa mocidade no barrio de Teis, moi cerca dos estaleiros Vulcano e Ascón. Nese mesmo barrio de tradición obreira entra en relación con X. González e outros mozos que comezaban a comprometerse coa causa da democracia, co galeguismo en núcleos cristianos de base. Ávidos de lectura e de coñecementos onde fundar unha nova conciencia, unha nova ideoloxía transformadora da sociedade, estudian a obra de Marx, de Engels, de Lenin, os discursos de Fidel Castro, xunto coa escasa obra política e filosófica do nacionalismo galego existente naquela altura: o Sempre en Galiza e pouco máis.
Estudiante de Enxeñería Técnica Industrial na mesma cidade, participa activamente no movemento para un novo asociacionismo estudiantil superador do SEU, así como en iniciativas culturais, sexa no ámbito escolar, como no barrio ou na Asociación Cultural de Vigo, entidade que tanta importancia había ter no desenvolvemento das organizacións do movemento nacional-popular galego.
Integrado xa no ano 1970 na UPG, forma parte dese núcleo que deu un forte impulso á organización que, a partir das loitas obreiras do 72, viría ser a punta de lanza para a conformación do nacionalismo de esquerdas como estructura clandestina de enfrontamento á dictadura franquista e ao imperialismo ianqui-español.
Nesa mesma época, traballando xa no estaleiro de Barreras, conecta a Organización Obreira, os grupos non reformistas de CCOO, coa UPG, feito de especial relevancia para o futuro do movemento obreiro galego. Fai axitación polo boicot ás eleccións do sindicato vertical en 1974, campaña que serviu tamén para o lanzamento das siglas SOG (Sindicato Obreiro Galego) que, coa UTEG (Unión de Traballadores do Ensino de Galicia) xa constituída, conformarían en pouco tempo a Intersindical galega.
“Moncho” Reboiras pasa a unha situación de semiclandestinidade para iniciar outros métodos de combate. Así participa en accións de expropiación de multicopistas e outros elementos de apoio ao aparato político dunha UPG necesitada de infraestructura e duns medios imprescindibles para a acción política en momentos de avance incesante nas organizacións de masas que se foron creando nos distintos sectores sociais e que confluirían na AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega), protagonista da loita antifranquista en Galicia nos últimos meses do réxime.
Precisamente nos estertores sanguentos do xeneral, naquel verán de 1975, o Ferrol de Pablo Iglesias coñece do asasinato de Xosé R. Reboiras, o militante comunista que tan decisivo fora na captación de militantes e na organización clandestina en Vigo e no Morrazo, como despois na Coruña ou no Ferrol.